O corpo humano

Ao comezo deste novo ano estivemos falando dun tema que nos preocupa moito nestes temos que corren: A SANIDADE! Resulta que é moi importante para loitar contra o “CORONAVIRUS” e por iso decidimos que imos traballar a labor dos médicos, o hospital e outros de saúde.

Primeiro fixemos unha posta común do que xa coñecíamos: os doutores son bós, no oculista poñen gotas, dentro do corpo temos órganos e tameén fixemos unha asamblea para coñecer o que queríamos saber: porque os médicos usan un martelo para dar na rodilla, que máis temos dentro do corpo, como se curan os dentes cando caemos contra o cemento… Estas son algunhas das ideas que deron @s nen@s e que resolveremos ao longo da unidade.

Contamos con unha nova compañeira na clase que se chama CONCHITA e trátase dun debuxo do corpo humano que nos axudará a coñecer moitas cousas sobre nós.

Se queredes seguir ampliando información, podedes visitar a aul virtual:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/aulavirtual/enrol/index.php?id=28

Deixar un comentario