O pasado venres tivemos a oportunidade de visitar o castelo de Soutomaior e foi toda unha experiencia!!!
Fixo moita calor pero non nos importou nadiña porque foi moi divertido!
O noso monitor Anxo levounos por dentro do castelo onde tivemos que resolver diferentes problemas e ademais comprobou que somos súper listos e que sabemos todas as partes dun castelo!!











